A Deputación aposta pola contención do gasto e a inversión pública

    orzamentos_deputacion100.jpgPONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou hoxe os orzamentos do ano 2009. O obxectivo é crear emprego con políticas dirixidas ao sector empresarial.

    A crise económica determina uns presupostos austeros, en canto a gasto público, e xenerosos, en canto a inversión. Por primeira vez na historia da Deputación vaise reducir un 6% o gasto corrente. Co obxectivo de dotar de máis orzamento a outras partidas, baseadas na inversión. O obxectivo é segundo o presidente, que o gasto repercuta nos cidadáns.

    Os orzamentos contemplan un aumento do investimento real da Deputación que supera o 30%. Amais o ente provincial ven de deseñar un plan anticrise, para o período 2009-2012, que inclúe unha inversión de máis de 300 millóns de euros, en toda a provincia. Que se distribuirá ao longo dos tres anos, de aplicación do plan. 

    A Deputación apostará, en maior medida, por apoiar ao sector turístico e industrial, polas potencialidades de creación de emprego destas actividades. Nesta liña, o ente provincial anunciou unha importante inversión para o polígono industrial de Barro Meis, que permita a súa posta en funcionamento. Segundo o presidente, é preciso apoiar ao sector productivo e empresarial, como motor económico en tempos de crise. TOTAL

    O vicepresidente económico da Deputación, José Manuel Figueroa, anunciou que se van manter as cotas de axudas e subvencións ás organizacións sociais da provincia. Para o que se xestionarán as axudas europeas.

    Os detalles dos orzamentos para o ano 2009 vanse expoñer mañá, xoves, no pleno da primeira institución provincial.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/290409_orzamentos_deputacion.flv{/flowplayer}