Trescentas asociacións de mulleres participan no programa ‘Penso en Ti’

    pensa_en_ti_100_190909.jpgPONTEVEDRA> A Deputación ofrece 120 cursos para que cada colectivo escolla aquel ó que desexa asistir.

    {flowplayer}images/salnes/190209_pensa_en_ti.flv{/flowplayer}

    Patronaxe industrial, auxiliar de xeriatría, bricolaxe, idiomas, arte ou ximnasia. Estes son algúns dos 120 cursos que este ano completan a oferta de actividades do programa ‘Pensa en Ti’. Trescentas asociacións de mulleres de toda a provincia participan este ano dun proxecto impulsado pola Deputación e que xa vai pola súa cuarta edición. O presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, entregaba esta mañá a cada colectivo o curso que van impartir. Xunto a el estiveron o vicepresidente da Deputación, José Juan Durán e a deputada de Acción Social Teresa Pedrosa. O evento tivo lugar no Auditorio Príncipe Felipe, e, segundo datos da organización, asistiron preto de cincocentas persoas. Louzán amosouse satisfeito da alta demanda que están a ter estes cursos, e anunciou que intentarán ampliar a oferta en vindeiras edicións, á vez que puxo a disposición das asociacións o uso das instalacións do Príncipe Felipe.

    Cada curso terá unha duración de 30 horas e impartiranse un ou dous días á semana. A Deputación encargarase de facilitar o material didáctico e os aparellos necesarios para impartir as clases. Segundo o organismo provincial, preto de cinco mil mullleres participarán este ano no programa ‘Pensa en Ti’, que ten como obxectivo fomentar a participación social deste colectivo.

    Redacción Salnés