O concello pedirá financiación á Xunta para construir un complexo deportivo

    instalacionsdeportivasgrove100.jpgO GROVE> O grupo de Goberno presentou hoxe o proxecto para construír unhas modernas instalacións deportivas, compostas por piscina e pavillón.

    O obxectivo é dotar ao municipio meco dunhas instalacións dignas, para a práctica deportiva dos residentes e visitantes. O alcalde trata de salvar así a débeda histórica do concello cos deportistas mecos.

    O proxecto do complexo deportivo no Grove inclúe unha piscina de 25 metros, varias salas de musculación e un pavillón con campo de baloncesto de parqué, vestiarios e gradas. As instalacións están valoradas en 5.100.000 euros que deberá aportar a Xunta de Galicia. O alcalde presentou hoxe o proxecto, no que se leva traballando dous anos, en colaboración coa Dirección Xeral de deportes do goberno bipartito.

    É intención do concello crear un centro de entrenamento especializado no Grove coa fin de atraer a clubes deportivos foráneos. Que se poden sentir atraídos por unhas modernas instalacións deportivas, complementadas co balneario da Toxa.

    O proxecto está ubicado nos terreos situados detrás do campo Monte da Vila. A concellería de Vivenda e solo levou a cabo os trámites necesarios para construir o pavillón neses terreos.

    O concello do Grove da por finalizado o seu traballo. Agora correspóndelle á Xunta estudar a proposta municipal e decidir si se leva, ou non, a cabo.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/300409_instalacions_deportivas_grove.flv{/flowplayer}