Gorgoso: “Se renunciamos á LF, non loitaremos polo ascenso”

gorgoso250_100610.jpgVILAGARCÍA> A directiva do club vilagarcián continúa a traballar na procura de apoios económicos que lle permitan afrontar con garantías o reto da súa volta á Liga Femenina. A día de hoxe fáltanlle ó redor de 70.000 euros por reunir e a directiva púxose de prazo ata o día 20 deste mes para recadalos. Non caso contrario, veranse na obriga de renunciar á praza.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_100610.flv{/flowplayer} 

Hai un mes viamos estas imaxes. A ledicia por un ascenso moi traballado e moi merecido. Pero as cousas son como son,  e no deporte continúan a mandar os cartos. O Extrugasa precisa duns 450.000 euros de orzamento para non poñer en perigo o futuro económico do club. Esa cantidade está cuberta agora mesmo nun 80%. Para reunir o restante a data límite é o 20 deste mes. De non facelo, renunciaría á praza na élite nacional e quedaríase un ano máis en Liga Femenina 2.

Pero por outra banda saben que unha oportunidade coma esta non se vai ter tódolos anos. Coñecen como poucos o difícil que é ascender. Se se renuncia agora, ó mellor despois non se acada. Cando se puido non se quixo e logo, cando se quixo xa non se puido. Con todo, a marxe de risco que asumirían sería mínima. 

No que respecta a plantel e corpo técnico a intención é que continúe Tito e que tamén o fagan varias xogadoras do ano pasado. Iso sí, todo dependerá da división na que compita o equipo. Se o fan en Liga Femenina saben que deben chegar reforzos. 

Agora tócalles seguir traballando sen descanso para buscar tódolos apoios posibles. Contan coa axuda do concello, tamén dos hostaleiros vilagarciáns e queren que Zona Aberta se suba ó carro. Logo virá o turno dos socios. Queren duplicar a cifra da temporada pasada, atraer a masa social e superar os 600 abonados.

Redacción Salnés