O Extrugasa debuta mañá coma local na Eurocup

VILAGARCÍA > Todo listo para a festa do baloncesto mañá en Vilagacía, no que será o debut do Extrugasa en competicións europeas diante da súa afección.

O rival, o Sdent Sierre suizo, é un completo descoñecido adestrado, eso sí, por un galego de Pontedeume, Armando Otero. As de Isaac Fernández tentarán estrea-lo seu casilleiro de victorias. Respírase optimismo, ledicia e certa ansiedade por debutar dunha vez en Europa e na casa.

O ilusionante inicio de temporada quérese refrendar mañá cunha victoria que permitiría ó conxunto vilagarcián pensar na súa clasificación á seguinte rolda da competición.

Enfrente terán a un rival que perdeu na primeira xornada por 49 puntos na súa visita ó BC Moscú. A consigna é clara: desfrutar destos partidos porque os importantes son os da Liga.

Hoxe adestraron en sesión de mañá e tarde e mañá tamén o farán, nun suave adestramento matutino. Tódalas xogadoras estarán a disposición de Isaac Fernández, incluidas as novas Kiesha Brown e Marina Kress, que se están a adaptar perfectamente ó grupo.

A ineludible cita é mañá, a partires das 20:30 no Pavillón de Fontecarmoa.

Redacción Salnés