Iria Paz, do Colexio La Milagrosa, gaña o Concurso de Debuxo de Nadal de Ribeira

RIBEIRA> O debuxo de Iria Paz Vila, titulado ‘O Camiño de Belén’ foi distinguido entre os preto de catrocentos cincuenta traballos que concorreron ó concurso de debuxo de Nadal convocado polo concello de Ribeira.

Acompañada da súa mestra de artes plásticas, Noli Pazos e a súa avoa María José Recamán, a pequena artista acudiu ó acto da entrega de premios no que explicou os motivos que inspiraron a súa creación.

A concelleira de Cultura fixo entrega á gañadora dun patinete así como dun lote de libros para o Colexio A Milagrosa de Oleiros no que Iria cursa quinto de primaria. Ademais destes agasallos, o debuxo gañador ilustrará a cartelería navideña do concello.