Lete vai estudiar o proxecto de reforma do Pavillón do Pombal

plantilla_deportes_pavillon.jpgCAMBADOS> O Secretario Xeral para o deporte visitou esta mañá as instalacións deportivas, acompañado polo alcalde do municipio e o delegado territorial da Xunta. Luís Aragunde pediulle unha mellora do cuberta da piscina.  

{flowplayer}images/salnes/PAVILLON_POMBAL.flv{/flowplayer}

O secretario xeral para o deporte percorreu as distintas instalacións do pavillón do Pombal, escoitando atentamente as necesidades de mellora de infraestruturas deportivas que lle trasladou Luís Aragunde. O alcalde manifestou que moita xente utiliza o ximnasio, os campos de herba artificial e a piscina climatizada, polo que necesitan unha renovación. 

Jose Ramón Lete tomou nota do futuro proxecto de remodelación da cuberta da piscina e comprometeuse a trasladarlle ós técnicos as actuacións necesarias para a mellora.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, sinalou que o pavillón do Pombal é unha infraestrutura importante, non só para os veciños de Cambados, senón para  toda a comarca. Manifestou que unha vez que o novo local de deporte náutico estea aberto, o municipio se vai converter nun referente en instalacións deportivas.

Dende as distintas administracións espérase que en poucos meses as obras de mellora sexan unha realidade no DOG.

Redacción Salnés