Cores Tourís promete ser ‘interlocutor e compañeiro’ dos alcaldes

    touris_delegado100_050509.jpgPONTEVEDRA> José Manuel Cores Tourís presentouse hoxe como delegado da Xunta en Pontevedra diante dos alcaldes da provincia …

    {flowplayer}images/salnes/TOURIS_DELEGADO.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> José Manuel Cores Tourís presentouse hoxe como delegado da Xunta en Pontevedra diante dos alcaldes da provincia, a lo menos, os que lle asigna a nova composición do goberno a esta delegación territorial. Cores Tourís estivo arroupado polo conselleiros de Presidencia, Alfonso Rueda, e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e polo presidente da Deputación provincial, Rafael Louzán.

    O delegado definiuse como municipalista e ofreceuse a ser, amais de interlocutor, un compañeiro. O Conselleiro de Presidencia defendeu esta redución de cargos públicos e afirmou que Pontevedra vai gañar en austeridade, eficacia e eficiencia. Pediu a todos tempo para poder demostralo, ó tempo que defendeu a valía de Cores Tourís para este posto.

    O primeiro encontro que manterá o novo delegado territorial será co alcalde de Pontevedra, un dos máis críticos coa nova reestruturación da Xunta. Miguel Anxo Fernández Lores cre que a delegación de Vigo, que atenderá a 14 concellos é unha agresión sen precedentes á capital da Provincia, que é Pontevedra. Desde a Xunta insisten en que ninguén vai perder con estes cambios.

    Outro dos asuntos que xa ten en carteira o novo delegado territorial é a queixa dos funcionarios sobre a accesibilidade do edificio administrativo. O Conselleiro Alfonso Rueda indicou tamén que a vindeira semana a secretaria da consellería virá a Pontevedra para comprobalo.

    Redacción Salnés