Os irmáns Chamosa dominan o Galego de Marcha en Ruta

    POBRA> A proba, disputada onte domingo, estaba organizada pola Federación Galega de Atletismo, en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. 

    Nunha mañá fría e chuviosa, bastante desapacible para a práctica do deporte, celebrouse na Pobra do Caramiñal nun circuito urbano habilitado para a ocasión o Campionato Galego de Marcha en Ruta coa participación duns 150 corredores. A cita estaba organizada pola Federación Galega de Atletismo, en colaboración ca Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e nela participaban tódalas categorías, dende promesas a veteráns. En xogo o título autonómico e con el tamén a posibilidade de ser seleccionados dent  ro do combinado galego que competirá próximamente polo Campeonato de España da especialidade.

    As primeiras en saír, ás once da mañá as categorías máis pequenas benxamín, alevín, infantil e cadete. Para cada unha delas a súa distancia correspondente a súa idade. A partir da unha menos vinte tocoulle o turno a  xuvenís, junior, promesas, senior e veteranos baixo unha distancia de dez quilómetros.

    Os vencedores absolutos foron os irmáns Chamosa, Daniel en categoría masculina e Antía na categoría feminina. Os dous eran os principais favoritos para levarse a vitoria e non defraudaron. Completaron o podio en féminas Mar Chillón e Carmen Escaríz, mentres que en homes o subcampionato foi para Roberto Camino e o bronce para Brais Prieto.