PORTO DO SON> Boa parte dos cerqueiros con base en Portosín acolleranse ó paro voluntario ante a imposibilidade de capturar xurelo na zona oitava C do Cantábrico Noroeste. Poderán parar entre un e tres meses con compensacións diarias por tripulante que roldan os 50 euros.
O peche da pescaría do xurelo supuxo en duro revés para os cerqueiros que dependían en gran medida desta especie. Son moitos os que agora decidiron acollerse ó paro voluntario que establece axudas compensatorias para tripulantes e armadores. Especialmente aqueles barcos máis pequenos que non poden desprazarse ata o Cantábrico para participar na costeira da anchoa e da xarda poderán cesar a actividade entre un e tres meses.
Dende ACERGA consideran que este paro é tan só un parche e que deberían terse adoptado medidas moito antes, en lugar de esquilmar o caladoiro.
A resolución do Ministerio establece que cada barco poderá decidir o tempo de paro, sempre que se faga en períodos de 30 días consecutivas, cun mínimo dun mes e un máximo de 3 meses. O importe a percibir, aínda por determinar, sería de 50 euros diarios por tripulante e o baremo por eslora establecido para os armadores.