O Chapela métese na fase final da Copa Deputación

balonman250_050509.jpgMEAÑO> O pavillón de Coirón, en Meaño, foi escenario da fase previa da Copa Deputación de Pontevedra. Finalmente será o Chapela o equipo que acompañe a Teucro, Octavio e Cangas na Final Four do vindeiro día 17.

O Chapela Canario Catering será o equipo que xunto a Teucro Pontevedra, Academia Octavio Pilotes Posada e Cangas Frigoríficos do Morrazo, se xogue o vindeiro día 17 de maio no Príncipe Felipe o Trofeo Copa Deputación.

Os de Fran Texeira puideron con tódolos seus rivais na fase previa na que concurrían os conxuntos de Primeira Nacional. Nas semifinais desfíxose sen apenas problemas do Cisne Grupo Pirsa, por 32-24. O seu rival na final sairía do choque ente Buda Lalín e Gaeva 2000 Bueu, que leváronse os do Deza por 35-29.

Xa no partido decisivo, o Buda saíu máis concentrado e puido obter unhas primeiras vantaxes no marcador, grazas principalmente ós contraataques que armaban e ó acerto de Pincho no lanzamento. O lalilense foise ata ós 12 goles ó remate do encontro. Así as cousas o Chapela semellou non collerlle o ritmo ó partido ata ben entrado o segundo tempo.

Foron por detrás no marcador durante 40 minutos, sempre por escasa diferencia eso sí, pero no tramo final estiveron máis acertados e aproveitáronse no desbaraxuste no que se convertíu o xogo do Buda para levarse a victoria e o pase á fase final por cinco goles de diferencia, cun marcador ó remate de 32-27.

Redacción Salnés