A falla de mantemento provoca deficiencias no CEIP de Escarabote

    ceipescarabote_100_050509.jpgBOIRO> A dirección do CEIP Escarabote xa non sabe a quen acudir para que se corrixan as numerosas deficiencias que presenta o centro.

    {flowplayer}barbanza/ceipescarabote.flv{/flowplayer}

    Dende hai ano, a comunidade educativa do CEIP de Escarabote vén reclamando unha serie de obras necesarias para manter o colexio en condicións axeitadas e evitar riscos innecesarios para os alumnos.

    Obras maiores

    As actuacións principais que demandan, cun importe máis elevado, son a remodelación total dos aseos de infantil, o arranxo ou substitución do aramado do patio exterior, a adecuación da pista exterior e do piso do pavillón deportivo.

    A dirección do centro ten solicitado estas melloras ante o concello en infinidade de ocasións sen que se teñan asumido ata o de agora por falla de presuposto.

    A comunidade educativa mesmo chegou a propoñer que se incluíran estas actuacións no fondo estatal para inversións locais que destinaba para Boiro máis de tres millóns de euros, mentres que estas obras só requerirían unha inversión aproximada de sesenta mil. Sen embargo, dende o executivo nin sequera respostaron á súa proposta.

    Mantemento diario

    Pero ademais destas obras, o centro precisa dun traballo de mantemento diario, responsabilidade exclusiva do concello, e que na actualidade non se está a desenvolver polo que a instalacións presentan pequenas deficiencias que cada vez van a máis.

    Para instar ó executivo local á súa inmediata solución, a dirección vén de remitirlle ó concello un dossier informativo con máis de duascentas fotografías que reflexan o estado en que se atopa o colexio.

    Redacción Barbanza