SALNÉS> O Club de As Torres de Catoira volveu a amosar o seu potencial e rematou en segunda posición na clasificación por equipos. Entre as actuacións individuais máis destacadas, a de Óscar Graña do club da Illa, que venceu en C-1 senior.
As Torres Romaría Vikinga asinou unha gran actuación na primeira regata nacional celebrada no embalse leonés de Boñar, unha proba pertencente á Copa de España de Ascensos, Descensos, Travesías e Maratón, integrada na Liga Nacional.
Os catoirenses remataron en segundA posición e só se viron superados polo Piragüismo Atanjuez, que resultou o campión. Entre as actuacións máis destacadas estiveron as de Brais Martínez, en cadete C-1, que se impuxo ó resto dos seus rivais, incluído a César Lombero, compañeiro seu que rematou terceiro.
En C-1 xuvenil, Diego Miguéns tamén levouse o ouro. Ademais, María Pérez en K-1 sénior finalizou segunda tan só superada por Eva Barrios. Diego Romero foi bronce en C-1 sub 23, mentres que Álvaro Novo e Anxo Galbán tamén sumaron para As Torres un terceiro posto no C-2 cadete.
Unha das maiores exhibicións da competición foi a que levou a cabo Óscar Graña e C-1 sénior. O padexeiro do Club A Illa, aventaxou en máis de catro minutos ó segundo clasificado demostrando por qué foi tres veces subcampión do mundo.
Precisamente o Cub de Piragüismo A Illa rematou a xeral por equipos en séptima posición. O Kayak Tudense foi terceiro acompañando no podium a Arajuez e As Torres.
Redacción Salnés