CALDAS> Preocupación nas industrias gandeiras en Galicia polo incremento de custos, en especial, dos carburantes. Nunha visita ás instalacións de Clesa en Caldas, o presidente da Agrupación de Cooperativas Lácteas trasladoulle esta inquedanza á Conselleira do Medio Rural. María José Gómez aproveitou para lanzar unha mensaxe ás industrias, para que ese incremento dos cursos repercuta tamén nos produtores. Pide un esforzo ás industrias e tamén aos consumidores, para que aposten polos produtos do país.
Esta é unha das maiores plantas de transformación de produtos lácteos de España. Trátase das instalacións de Clesa en Caldas, a primeira en produción de iogures en Galicia e quinta de España. Este venres visitaba a planta a conselleira do Medio Rural.
Pero o sector non é alleo á suba de prezos, que está a impactar tamén no día a día dos gandeiros. En especial a suba dos carburantes. Unha preocupación que o presidente da Agrupación de Cooperativas Lácteas aproveitou para trasladarlle á Conselleira.
Neste contexto, a titular de Medio Rural pídelle ás industrias que fagan un esforzo.
E considera insufiecientes as axudas que están a recibir por parte do goberno central e a Unión Europea.
E pídelle ao goberno central que reduza a fiscalidade aos produtores.











