Atópase sen vida o veciño de Catoira José Iglesias

desaparecido100_110208.jpgCATOIRA > O corpo de José Iglesias, finalmente apareceu este pasado sábado nas inmediacións da Illa de Cortegada.

A voz de alarma dun veciño alertou ás forzas de seguridade que rapidamente se achegaron ata o lugar onde apareceu o corpo sen vida. Este catoirense de 52 anos de idade levaba desaparecido dende o día 1 de Febreiro. Dispositivos da policía Nacional levantaron o cadáver por orden do xuíz de garda.

 O corpo foi trasladado dende Cortegada ó peirao de Cavadelo en Vilagarcía. Despois de que os servizos de emerxencia rastrexaran a zona onde o pasado 1 de febreiro desaparecera José Iglesias de 52 anos , foi en na illa de Cortegada onde atoparon o corpo sen vida deste catoirense. Un home que traballaba nas inmediacións alertou ás forzas de seguridade do cadáver para que fose identificado pola Policía Nacional que levantou o corpo cara ás 2 e media da tarde por orde xudicial.

O levantamento produciuse no peirao de Cavadelo en Vilagarcía despois de ser trasladado da illa de Cortegada. Confírmanse así as prediccións dos Geas, os equipos de buzo da garda civil que advertiron que probablemente José Iglesias caera ó río e fora arrastrado polas mareas e ó non chegarlle a auga ós pulmóns aparecería flotando preto de Cortegada, como finalmente ocorreu. Ponse así punto e final a longos días de espera que sobre todo para a familia foron interminables.

Aínda se descoñecen con exactitude as causas que fixeron que o corpo de José Iglesias ficara falecido no río Ulla xa que segundo os que os veciños levaba 20 anos vivindo en Catoira e coñecía ven a zona e non adoitaba a desviarse da súa ruta habitual. Agora queda pendente os resultados que se diriman da autopsia.

Redacción Salnés