Bagó I Agulló expón o caso SEHRS en Sanxenxo

    foro_2_100.jpgSANXENXO> Continúa en Sanxenxo a Primeira Edición do Foro do Turismo con ponencias que xiran en torno ó tema Destino, sostibilidade, empresa,…

     {flowplayer}images/salnes/060509_foro_turismo.flv{/flowplayer}

    … rendibilidade. Na xornada de hoxe, os hostaleiros da comarca asistentes puideron tomar parte pola mañá nunha visita guiada ó Centro de Interpretación da Natureza da Siradella no Grove. Pola tarde continuaron as charlas a cargo de destacados gurús do turismo a nivel nacional como o Presidente do Grupo SERHS, Ramón Bagó I Agulló. Este exalcalde de Calella describiu ós asistentes a experiencia que viviron nesta localidade catalana que pasou dunha situación de crise a liderar un grupo empresarial do sector terciario presente en 3 continentes e formado por 76 empresas activas.

    Bagó I Agulló pensa que esta experiencia é perfectamente extrapolable a Sanxenxo, onde a hostalería local ten que facer fronte esta tempada estival a unha sociedade, que a maiores de estar agoniada pola crise, sofre dunha enorme competencia.

    A continuación, tamén neste serán, interveu David Mora, o xerente da empresa Tea-Cegos Consultur, S.A. quen adiantou o Plan Operativo de Marketing Turístico que ven de encargar a empresa mixta Turismo de Sanxenxo para determinar as estratexias de promoción e comercialización a desenrolar nos próximos anos para consolidar a este Concello como destino líder durante todo o ano.

    Redacción Salnés