CALDAS DE REIS> O Cultura Quente chega a Caldas na súa vixésimo primeira edición para elevar a temperatura da vila, con unha xa tradicional e moi coidada programación cultural, na que se engloba entre outros o festival Portamérica.
Uns 21 anos son xa os que leva o Cultura Quente ofrecendo a todos aqueles os que se acheguen ata Caldas de Reis un programa cultural variado e cheo de opcións cos que encher o tempo de lecer durante os seus días de duración. Este ano a xa tradicional cita do verán caldense durará ata o vindeiro 15 de xullo. O evento volve un ano máis convertido en referente artístico e solidario xa que este ano contarán coa colaboración de Médicos Sen Fronteiras, que aproveitaran a afluencia de público para amosar a causa pola que traballan cada día. Exposicións, catas, música e moito máis é todo o que ten que ofrecer este evento a todo aquel que se achegue ata Caldas. O alcalde, Juan Manuel Rey, sinalou que para él o primeiro día do Cultura Quente é xa un día vermello no calendario por diferentes motivos.
Unha das últimas incorporacións a este evento, e non por iso menos importante, e a celebración do festival dos festivais galegos; o Portamérica 2018, que este ano estará especialmente comprometido coa violencia machista e co coidado do medio ambiente. Un importante evento musical e gastronómico que destaca polo alto nivel dos grupos e dos chefs que nel participan. Na edición de este ano a organización colaborará con Médicos sen Fronteiras, organización que ademais cederá a exposición “Seguir con vida”, que recolle fotos da supervivencia en zonas de conflito armado. A partir de este venres e ata o vindeiro 15 de xullo, Caldas de Reis ten moito que ofrecerlles.
Inicio CALDAS