CAMBADOS> Cambados sacará a licitación a reforma da praza de Fefiñáns. O concello presenta este proxecto despois de que Patrimonio aprobase a proposta de modificación das escalinatas da igrexa de San Bieito. O orzamento do proxecto será de 240 mil euros e a previsión é que se remate antes do verán.
Un dos propósitos do concello de Cambados dende hai moitos anos, é o de recuperar a antiga escalinata da igrexa de San Bieito. Unha estrutura que baixaba dende un dos laterais da igrexa directamente á praza de Fefiñáns. Tras anos de investigacións e solicitudes, finalmente a Patrimonio aprobou a remodelación. Con esta aprobación, agora, o concello presenta un proxecto máis amplo que inclúe unha reforma completa da praza de Fefiñáns.
Co novo proxecto, as escaleiras laterais eliminaranse e o muro retranquearase reutilizando os materiais.
O proxecto de Fefiñáns, afectará ás rúas próximas e renovará todo o sistema de canalizacións.
Estará financiado polo plan concellos cun orzamento de 240 mil euros. O proxecto inclúe bancos e luminarias.
O concello sacará o proxecto a licitación e a previsión é que as obras comecen o antes posible para estar rematadas no verán.