Anabel Carro vaise con Cores Tourís á delegación da Xunta en Pontevedra

    anabel_carro100_070509.jpgCAMBADOS> Anabel Carro deixará de ser edil de Cambados para traballar con Cores Tourís na delegación de Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/NOVO_GOBERNO_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, incorporará ó seu equipo a Anabel Carro, actual concelleira de Cultura de Cambados. A edil popular informou hoxe ós medios de comunicación que traballará na xefatura de gabinete, actuando de bisagra entre o delegado e os funcionarios.

    Carro renunciará á súa acta no Concello pero seguirá presidindo a comisión do Ano Cabanillas e colaborará co goberno local na xestión de actividades para o vindeiro Ano Xacobeo. A marcha de Anabel Carro obriga a reestruturar o organigrama do equipo de goberno de Cambados, que encabeza agora Luís Aragunde. Este traballo non estará listo ata dentro dunha semana.

    Aragunde só adiantou que amais del haberá outra concellería liberada, e que está a falar con tres edís para ver a súa disponibilidade. Tampouco están pechados os salarios, pero Aragunde non cre que o seu pase dos 2.500 euros. O sábado á unha da tarde Luís Aragunde será investido alcalde no pleno e tamén tomará posesión como edil Mar Castro, que ocupa a vacante deixada por Cores Tourís. Anabel Carro cesará no pleno seguinte e a súa praza ocuparaa Antonio Iglesias Pombo.

    Redacción Salnés