O piragüista Alfredo Bea proclámase subcampión do mundo de Maratón

    alfredo_bea_100_280906.jpgO GROVE > O imparable canoísta meco Alfredo Bea proclamouse Subcampión do Mundo nos Campionatos de Maratón en Francia.

    A mesma praza Óscar Graña e Ramón Ferro, que estiveron máis cerca que nunca de ser campións mundiais. Os galegos regresaron co título para España de Campiona do Mundo de Maratón.

    Alfredo Bea volve ós adestramentos diarios despois de traer para a casa a medalla de prata dos Campionatos do Mundo de Maratón de Tremolat, en Francia. Grazas ó éxito dos nosos palistas, España erixiuse campiona do mundo. O inesgotable Alfredo Bea, sen case respiro dende a súa notable actuación nos Campionatos do mundo de Pista, volveu demostrar a súa superioridade mundial e a piques estivo de proclamarse campión absoluto. 

    Gran resultado este para o veterano campión meco, que chegou a Francia con menos preparación específica que para Australia o ano pasado pero que conseguiu manter a súa superioridade. Alfredo Bea é probable que para o ano non poida participar no mundial de maratón, porque está centrado na pista, coa mirada posta nas Olimpíadas de Pekín 2008.

    Redacción Salnés