Os sindicatos din que o seguimento é total no segundo día de folga

    folga_metal100.jpgSALNES> Entre un 90 un 95% dos traballadores do metal na provincia secundaron a segunda xornada de folga no sector.

    {flowplayer}images/salnes/FOLGA_METAL.flv{/flowplayer}

    SALNES> Entre un 90 un 95% dos traballadores do metal na provincia de Pontevedra secundaron esta segunda xornada de folga no sector.

    Os sindicatos CIG, Comisións Obreiras e UXT afirman que o seguimento foi total e que a acción dos piquetes se limitou hoxe a confirmar o peche das empresas do ramo. Inda así houbo accións sorpresa, como cortes de tráfico á entrada de Vilagarcía este mediodía.

    En Pontevedra, os traballadores centraron as súas protestas hoxe na Cámara de Comercio, primeiro concentrándose durante hora e media na sede e logo irrompendo nunhas xornadas que se desenvolvían no hotel Galicia Palace. Logo foron recibidos polo delegado da Xunta en Pontevedra.

    Segue sen haber achegamento entre as partes na negociación do convenio colectivo, e as principais diverxencias continúan sendo a duración do convenio, a regulación da xornada laboral e o incremento salarial.

    Nun novo intento de desbloquear o conflito, a Consellería de Traballo e Benestar convocou para mañá en Vigo a sindicatos e patronal do sector do metal a dúas reunións de carácter bilateral. O director de Relacións laborais, Odilo Martiñá, convocou ás dúas partes coas que espera reunirse mañá por separado. Nos encontros tamén estará presente a Inspección de Traballo e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares. O primeiro encontro será cos sindicatos e posteriormente coa representación empresarial, cos que se tentará achegar posturas para conseguir que se inicien as negociacións que, de darse o acordo, poderían empezar o próximo luns.

    Redacción Salnés