Catro anos de prisión para o mozo que causou cinco mortos na Vía do Salnés

    prision_hugo_pineiro100.jpgPONTEVEDRA> A Audiencia confirmou 4 anos de prisión para o mozo sen carné que causou 5 mortos na Vía do Salnés en 2006.

    {flowplayer}images/salnes/PRISION_HUGO_PINEIRO.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Audiencia de Pontevedra confirmou os catro anos de prisión e a privación do dereito a conducir durante outros seis para o mozo sen carné que causou cinco mortes na Vía do Salnés na Semana Santa de 2006.

    Ratifica así a sentenza que lle puxo o xulgado pontevedrés en xaneiro ó marinense Hugo Piñeiro Giménez, como autor de cinco homicidios por imprudencia grave. En abril de 2006, cando conducía sen obter inda o carné, o mozo causou un accidente de tráfico na vía do Salnés que lle custou a vida a catro motoristas e á súa propia nai, que ía de copiloto no coche. A defensa do acusado pretendía que se entendese como leve a imprudencia na que puido incorrer o mozo. Pero isto queda descartado nesta segunda sentencia.

    A Audiencia ratifica o relato de feitos que fixera o Xulgado do Penal: pouco antes das tres da tarde do 14 de abril, Hugo Piñeiro situouse ó volante do vehículo, mentres a súa nai ocupou o asento de acompañante. No momento do accidente, o coche non superaba a velocidade autorizada na Vía do Salnés pero si a permitida a un condutor novel. Á altura de Meis, nun tramo curvo, ó circular totalmente desatento á condución, foise desprazando á dereita ata que escoitou as bandas sonoras, deu o volantazo á esquerda, invadindo o carril contrario. Nese intre chocou contra dúas motos.

    Ademais de Mónica Giménez Rosales, nai do condutor, faleceron Remedios Estellés, Celso Javier Contreras, María Seoane e Raquel Bosquets.

    Redacción Salnés