As mariscadoras de Vilaxoán sofren o roubo continuo de ameixas e as ameazas dos furtivos

VILAXOAN> As mariscadoras de Vilaxoán denuncian os continuos ataques que sofren por parte dos furtivos. Os delincuentes, que en ocasións son pillados in fraganti, responden aos toques de atención das mariscadoras con insultos e ameazas. As perdas superan os 100 euros diarios, pero serán moito máis a longo prazo, xa que os furtivos non diferencian entre ameixa madura ou cría, poñendo en risco o futuro das mariscadoras.

As mariscadoras de Vilaxoán levan máis dun mes enfrontándose a os continuos ataques dos furtivos. Nas zonas de Pompeán e Corón, os delincuentes controlan dende as estradas os traballos das mariscadoras para subtraer as súas ameixas cando estas non están.

O dano económico supera os 100 euros por día, pero os furtivos poñen en perigo o futuro destas mariscadoras xa que non distinguen entre cría ou ameixa madura.

En ocasión son pillados en pleno roubo e lonxe de fuxir, responden con ameazas e insultos.

A pesar de que as mariscadoras chaman ás forzas de seguridade, os furtivos ignoran as sanción ao declararse insolventes.

As mariscadoras piden que se endurezan as penas para que estes furtivos cesen a súa actividade.

As mariscadoras insisten en que reciben apoio das forzas de seguridade e das administracións, pero que ao ter as penas tan baixas, os furtivos continúan atacando con total impunidade. Ademais a situación tamén xera medo entre as mariscadoras, xa que son elas as que realizan as gardas e se enfrontan a individuos moi agresivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí