Xornada de nervos e transistor na loita pola salvación

futbol250_080509.jpgSALNÉS> Xornada non apta para cardíacos. Ningún dos equipos do Salnés está salvado matemáticamente aínda que os que o teñen máis complicado son o Portonovo e o Arousa. Todos queren gañar e que pinche o rival. Será tarde de nervos e transistor.

A todo ou nada. Arousa e Portonovo non o poden errar se é que non se queren ver o ano que ven en Preferente. As contas, aínda que enrevesadas, poden simplificarse.

O Portonovo xógase tódalas súas opcións ante o Pontevedra B. É un rival directo que lle saca un punto; polo tanto se os de Marcos Canle perden, descenden. O empate ou a victoria prolongaríalle-la vida unha semana máis.

O lucense Óscar Carballo Vázquez asubiará o encontro. Un dato a onde agarrarse é que este colexiado dirixíu once partidos esta campaña dos cales só houbo tres victotrias locais. O Portonovo preséntase coas baixas de César, Diego, por problemas nun xeonllo, e Suso Bea, por motivo persoais.

Marcos Canle apuntou esta semana que a clave do encontro estará en controlar a ansiedade e en saber impoñer a veteranía dos seus xogadores ante a inexperiencia do filial granate.

Ó Arousa sí que só lle vale gañar. Podería chegar con vida á última xornada si é que na Xunqueira dáse un empate, pero no que se queren centrar os vilagarciáns é en facer os seus deberes.

O gran handicap é que a día de hoxe dependen dos equipos que xoguen a fase de ascenso. O obxectivo na Lomba é ser cuartos pola cola e agardar a que algún suba, dado que non poden aspirar a sobrepasar a Vilalonga e Ordes.

O rival, o Cerceda, xógase certificar a súa cuarta posición que dá acceso a playoff. Un plantel dirixido por Suso Moure, repleto de xogadores de calidade que quererán atar a súa presencia en playoffs canto antes.

O cadro vilagarcián recibiráos coas baixas de Miguel, Santos e Luis Alberto, todos sancionados. Ademais Manu Rodríguez está practicamente descartado por lesión mentres que Roberto recibíu onte un golpe no xeonllo e é seria dúbuda. Pablo Vázquez terá que tirar dos xuvenís para completar a convocatoria.

VILALONGA E CÉLTIGA MÁIS PRETO DA PERMANENCIA 

Tamén se están a xogar a salvación Céltiga e Vilalonga aínda que dun xeito menos apurado, xa que dependen deles mesmos. Sen embargo, ningún dos dous quere deixar para o último día o que poden sacar esta fin de semana.

No caso do Céltiga trátase dun único punto que o afastaría matemáticamente de calquera posibilidade de descenso. Buscaráo ante un Rápido de Bouzas que ten o mesmo obxectivo: suma os mesmo puntos, 43, polo que unha igualada favoreceríalle ós dous. Óscar Blanco será baixa no lateral dereito dos da Illa.

Ó Vilalonga quédalle unha papeleta por solucionar moi semellante. Sen Iago, sancionado, buscarán tres puntos que lles dé a permanencia. Farano ante un Verín, xa salvado e que non se xoga nada no encontro.

Redacción Salnés