![]()
CAMBADOS> Esta fin de semana celebrouse a liga nacional e a galega de tenis de mesa. Malos resultados para os equipos locales, dos cinco partidos desputados só un acabou con vitoria dos de casa.
Na primeira división nacional masculina o Liceo Casino acadou a vitoria contra o Establecementos Otero nun partido moi disputado como demostra o 3-4 final. Ó equipo cambadés pasoulle factura a ausencia de Fernando Padín. Malia o gran momento de forma no que se atopa o xogador, un esguince de muñeca sufrido durante a semana impediulle competir. No seu lugar Ñajo fixo o que puido pero a clave estivo na superioridade de Sergei sobre tódolos seus rivais. O doble estivo moi igualado pero finalmente acabou caendo do lado liceista.
Na segunda división nacional vitoria máis axustada do esperado do Grupo Barros ó Cinania Cangas por 4-2. Non puido xogar Ñajo por participar na primeira pero Pablo Regueiro, Martín Regueiro e Ramón Barros acadaron unha importante vitoria fronte ó colista da táboa.
A que non foi tan axustada foi a vitoria do Vincios fronte ó Joyería Enrique. Rotundo 6-0 nun enfrontamento no que Antonio Regueiro, Ramón Padín e Tomás Carvajal non foron quen de facer ningún punto.
Na primeira división galega nin o Chinelas nin o Charon Complemetos puideron acadar a vitoria. Os primeiros comezaron ben o partido pero non puideron co bo xogo do Lalín. Os segundos tiñan diante a un Helios Bembrive no que a veteranía foi un elemento decisivo.
Redacción Salnés







