O PSdeG-PSOE critica a estrutura de Delegacións Territoriais da Xunta

    pose100.jpgPONTEVEDRA> O secretario provincial do PSOE, Modesto Pose, pide o cese dos conselleiros Alfonso Rueda e Agustín Hernández, por presuntas irregularidades.

    Modesto Pose, culpa ao PP de facer dúas provincias en Pontevedra ao duplicar a estrutura do delegado territorial en Vigo. Pose tamén dubida da preparación profesional do novo responsable provincial en Pontevedra e, ata agora, alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís.

     Pero estas non son as únicas críticas do PSOE provincial á consellería de Presidencia da Xunta, liderada polo pontevedrés, Alfonso Rueda. Segundo Modesto Pose, o conselleiro debe ser cesado despois de descubrir que exercía de asesor de Rafael Louzán, na Deputación de Pontevedra, mentres ocupaba o cargo de secretario do Concello de Cambados. 

    Modesto Pose tamén pediu o cese do conselleiro de Medio Ambiente, Infraestrutura e Territorio, Agustín Hernández. O PSOE acusa a Hernández de certificar unha obra sen rematar cando era director de Infraestruturas da Deputación. Por iso van levar o caso á Fiscalía coa fin de descubrir si se trata dunha práctica habitual do PP.

    Modesto Pose critica o departamento que dirixe Hernández; con competencias en Medio Ambiente e Obras Públicas. Segundo o socialista, a nova consellería eliminará as garantías de protección do territorio, e facilitará a corrupción urbanística e a degradación do solo en Galicia.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/080509_pose_por_agustin_hernandez.flv{/flowplayer}