A piloto de trial Verónica Miguéns recibe unha homenaxe da Autoridade Portuaria

vero_250.jpgVILAGARCIA> A recentemente proclamada campiona de España de Trial, da categoría féminas B, Verónica Miguéns, foi homenaxeada esta tarde na sede da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. A pesar da súa curta idade, esta vilagarciana…

{flowplayer}images/salnes/281009_recepcion_trial.flv{/flowplayer}

 … xa sabe ó que ter recoñecemento polos éxitos deportivos; uns parabéns que recibe con humildade. Esta vilagarciana de 20 anos é a primeira galega que consegue un trunfo deste calibre; un fito que ten aínda máis mérito ó descubrir os problemas cos que se presentou esta carreira que tivo lugar o pasado domingo, día 18 en León.

O Presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas, non ocultou a súa satisfacción por este novo logro deportivo que é xa parte da historia de Vilagarcía. Neste acto de recoñecemento esta piloto moza recibiu un agasallo conmemorativo deste día. Un agasallo que tivo a súa contrapartida na patrocinada; que agradecía así o apoio prestado.

De agora en diante so queda pensar no futuro e determinar se vai a seguir competindo nesta categoría ou se da o salto á categoría absoluta.

Redacción Salnés