Rematou a agonía: Arousa e Portonovo, descendidos

arousa250_110509.jpgVILAGARCÍA> Xornada negra para os representantes do Salnés na Terceira. Confirmáronse os descensos a Preferente de Portonovo e Arousa que perderon os seus dous partidos e caen de categoría xunto ó Gran Peña.

{flowplayer}images/salnes/arousa_110509.flv{/flowplayer} 

O ambiente prometía. A sabendas da importancia do choque, A Lomba rexistrou unha das mellores entradas da temporada coa esperanza de presenciar unha milagre. Pero as ilusións esfumáronse en apenas media hora, e nunha primeira metade que acabou cun marcador de 0-5.

Sería sen embargo o Arousa o primeiro en avisar, cun lanzamento de Chiño que foise fóra por pouco. Pero na primeira que tivo o Cerceda, Felipe axusticiou a Moncho. Cumpríase o minuto 15.

Co 0 -1, o Arousa non baixou os brazos e traballou en busca do empate, que a piques estiveron de atopalo nas botas de Manu Conles, que lanzou alto.

Coa ausencia de Padín, o control do xogo en mediocampo era visitante. Atrás, os problemas á hora de defender eran evidentes, igual que no resto da temporada. O Cerceda aproveitou esas facilidades para finiquitar o encontro en apenas cinco minutos, do 28′ ó 33′. Felipe, fixo o segundo coa testa. Xaco o terceiro. E Felipe de novo asinaba un hat-trick que deixaba resolto o encontro. A desilusión e a impotencia no cadro local era visible. Aínda chegaría un quinto antes do descanso,de novo obra de Xaco.

O Cerceda precisaba os tres puntos para asegurar o seu cuarto posto na xeral e a súa presencia no playoff e quixo matar así o partido. A segunda metade foi un mero trámite. Co resultado tan abultado, os de Suso Moure non quixeron facer máis leña da árbore caida e o Arousa aproveitouno para maquillar o tanteador. Hugo facía o 1-5 ó cuarto de hora. Asinaría tamén o segundo, xa preto do final, gol que lle permite chegar ós trinta na súa conta particular.

Con eses números non estará seguramente o ano que ven no plantel dun Arousa que agora terá que plantexarse cal será o seu futuro. Haberá que comezar por unha profunda reestructuración en tódolos estamentos do club e por unha maior implicación da sociedade vilagarcián, que por outra parte, merece ver fútbol de superior categoría.

O mesmo drama vivíuse na Xunqueira co Portonovo. Os de Marcos Canle xogábanse a permanencia a un carta ante un rival directo como o Pontevedra B. O empate servíalle para prolongar a agonía e o encontro semellou que ía quedar en táboas, pero no minuto 80 un penalti na área visitante covertido por Cruz, botaba polo chan as esperanzas de salvación dos de Baltar.

Non fixeron nin de lonxe o peor encontro da temporada, controlaron o partido, tiveron as mellores ocasións pero non estiveron acertados. Ó final 1-0, derrota que os devolve a Preferente sete anos despois.

Un descenso acollido con moitísima desilusión dado que este ano se esperaban grandes cousas dun plantel con futbolistas de calidade que tralo visto, non estiveron á altura.

Redacción Salnés