POBRA> Este vindeiro domingo 30 de xullo celebrarase na Pobra a 31 edición da Festa da Bici.
A actividade realizarase a partir das once da mañá na praza Alcalde Segundo Durán.
A esa hora está prevista o inicio da ruta, que terá dous percorridos acordes a diferentes idades.
A cita volverá a ter unha marcada compoñente solidaria, xa que as persoas participantes achegarán un quilo de alimentos non perecedoiros no momento da inscrición o propio día do evento que será destinada a Caritas.
Dende o Concello animan a asistir a esta actividade, na que se estima unha participación semellante á de edicións anteriores roldando os 200 ciclistas.