Bo arranque da campaña de bonos ‘Amaribeira’

RIBEIRA> O alcalde , Manuel Ruíz, valorou moi positivamente os primeiro días da iniciativa. Segundo el, en apenas uns días, lévanse descargados case a metade dos bonos de desconto de 30 euros que o Concello pon a disposición da veciñanza en apoio ó comercio e a hostalería local.

Para facer uso dos bonos de desconto e mercar no comercio e a hostalería local cómpre activalos na páxina web: www.amaribeira.gal premendo en obter bono e seguindo tódolos pasos. Como requisito hai que estar empadroado no Concello e ser maior de idade.

Os bonos poderán ser canxeados ata o 31 de xaneiro de 2022.

Cabe lembrar que por cada de 30 euros de compra terase dereito a un desconto de 10, ata un máximo de 3 operacións.