O Inelga machaca ó Grupo CLN e acada a permanencia

inelga250_120509.jpgVILAGARCÍA> Non todo foron malas novas para os conxuntos do Salnés esta semana. O Inelga tamén se xogaba a súa permanencia e os vilagarciáns pasaron por enriba do Grupo CLN. Seguirán un ano máis en liga EBA.

{flowplayer}images/salnes/inelga_120509.flv{/flowplayer} 

Non apareceron prácticamente os nervos e o Inelga acadou unha victoria máis que contundente sobre o Grupo CLN de Gijón. Os de Juan Espiñeira fixeron bo o factor cancha e colleitaron a súa sexta victoria consecutiva en Fontecarmoa (86-61). Foi esa regularidade nos partidos como local o que lles deu a salvación.

O Inelga dominou o partido de principio a fin. Liderados no primeiro cuarto por un Pablo Villaronga que se foi ós 14 puntos neses primeiros dez minutos, pouco a pouco foron abrindo brecha no marcador, sobre todo grazas ó acerto no tiro exterior. Os asturianos, aínda que lles custaba facer canasta, mantíñanse no encontro e puideron irse ós descanso con vida, 43-32.

Tralo paso polos vestiarios, nos primeiros minutos do terceiro cuarto, os visitantes semellaron reaccionar e chegaron certas dúbidas nos de Juan Espiñeira, debido a que Gustavo Andújar e Marcos Rozas cometeron a cuarta falta.

Pero tanto Moisés Martínez como Juan Mato supliron á perfección esas ausencias obrigadas e o Inelga retomou o mando para seguir abrindo marxe e entrar no derradeiro cuarto 16 arriba (64-48). Ó final foron 25 os puntos de diferencia, 86-61.

Xogadores e corpo técnico celebraron xunto ós seus afeccionados a súa permanencia, moi traballada este curso. Os resultados na última xornada tamén favoreceron ó Grupo CLN, que ó fin al mantivo a categoría.

O conxunto vilagarcián seguirá unha temporada máis en Liga EBA sempre e cando esta siga existindo, xa a que federación española podería estar planeando unha reestructuración nas súas competicións

Redacción Salnés