Aparece o cadáver dun home que levaba desaparecido dous días

    vivenda_suicidio_ribadumia100.jpgRIBADUMIA> A vítima, de 45 anos, era veciño de Ribadumia. Levaba desaparecido dende o sábado, cando abandonou o seu fogar, tras unha disputa conxugal.

    O cadáver apareceu pouco despois da sete da tarde, nunha vivenda en construción, propiedade da familia, da vítima. Foron os familiares os que mandaron abrir, a porta da casa en obras, nun intento por atopar á vítima que levaba desaparecido dende o sábado pola noite. Cando abandonou o domicilio conxugal despois dunha disputa doméstica.

    No interior da vivenda en obras apareceu o corpo da vítima, que respondía as iniciais de BFG e que contaba con 45 anos de idade. Pouco despois chegaron os efectivos policiais e xudiciais. O xuíz de garda, ordenou o levantamento do cadáver despois de practicalas dilixencias oportunas, sobre as 8 e media da noite. O corpo foi trasladado ao instituto anatómico forense, coa fin de realizarlle a autopsia que aclarará as circunstancias da morte.

    A vítima era veciño da zona de Outeiro, no municipio de Ribadumia. Onde residía coa súa muller e os seus fillos de 19 e 10 anos. O matrimonio era propietario da vivenda en construción na que apareceu o corpo. O automóbil da vítima foi atopado, na xornada de hoxe, nas inmediacións da vivenda, onde permanecía o corpo.

    A traxedia cebouse con esta familia de Ribadumia. Que viviu outro episodio tráxico hai dous anos, cando apareceu morto un irmá do falecido hoxe, afogado nun pozo, en Ribadumia.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/110509_suicidio.flv{/flowplayer}