O concello mellorará o campo de fútbol da Fieiteira

RIBEIRA> O campo de fútbol do Complexo Deportivo da Fieiteira será acondicionado. O Concello de Ribeira ven de adxudicar unha actuación de mellora do campo, coa intención de crear dous almacéns. Serán destinados o uso dos clubs que empregan as instalacións, e estarán situados debaixo da bancada do campo de fútbol. Cun investimento de vinte e oito mil cincocentos seis euros, as obras foron adxudicadas á empresa Domínguez Arias e Hijos S.L.. A actuación está cofinanciada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. As novas dependencias terán unha superficie útil de case cincuenta metros cadradas e unha altura superior aos tres metros. Un proxecto técnico que foi elaborado polo arquitecto municipal, que prevé pechar e acondicionar dous dos cubículos existentes no lugar en cuestión. Ademais, vaise urbanizar a plataforma de acceso ca construción dunhas escaleiras  e disporase dun pasamáns de protección. Unhas obras que mellorarán a calidade deportiva do Complexo e que axudarán ós usuarios da Fieiteira a desfrutar do deporte.