Dani Abalo, mellor deportista 2013

VILAGARCÍA> O xurado da gala do deporte deste ano non o tivo fácil pero finalmente a balanza inclinouse a favor do xogador que milita actualmente nas fila do Ludogorets búlgaro. O 25 aniversario da gala contou tamén cunha lembranza ás persoas que durante este tempo traballaron por fomentar o deporte na cidade. O primeiro galardoado na Festa do Deporte de Vilagarcía foi un xogador de fútbol, Manolo Jiménez, e o azar, ou non, fixo que o premiado no 25 aniversario desta gala fose outro xogador de fútbol. Dani Abalo converteuse este sábado no mellor deportista vilagarcián de 2013. A elección do xurado non foi doada. Entre os finalistas figuraban o Equipo Absoluto de Exhibición de Taekwondo do Olímpic, os regatistas Adrián Domínguez e Carlos Paz e a formación sénior do Cortegada. Antón Paz foi o encargado de abrir o sobre co nome do gañador e de entregarlle o premio ó irmán de Abalo. Xa que el, por motivos persoais, non puido asistir. Entre os méritos de Dani, ser o primeiro xogador de fútbol vilagarcián en desputar unha previa da Champions League co Ludogorets, o equipo no que xoga actualmente. A gala, conducida polo presentador Terio Carrera, converteuse no seu 25 aniversario nun espazo de homenaxe e lembranza a todos aqueles que destacaron polo seu traballo a prol do deporte en Vilagarcía. Este evento puxo o broche de ouro a unha xornada de exaltación do deporte que entre o venres e o sábado concentrou a ducias de cativos en Fexdega. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/premiodaniabalo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/GALA_DEPORTE_VILAGARCIA.mp4 {/flowplayer}