As mulleres de Ribeira aprenden defensa persoal

    tallerdefensaribeira_100_13052009.jpgRIBEIRA> O Centro de Información á Muller organiza un taller para protexerse en caso de ser vítimas dunha agresión.

    Unha ducia de ribeiresas está a participar no obradoiro de autodefensa persoal para mulleres que organiza o Centro de Información á Muller do concello en colaboración co Servizo Galego de Igualdade. 

    Durante as oito horas que dura o curso denominado ‘Donas’, repartidas en dúas xornadas, as participantes recibirán nocións básica de defensa persoal feminina baseadas en dúas técnicas: o Wing Tsun, sen armas, e a escrima con armas do máis variado como poden ser unha chaves, un chisqueiro ou u teléfono móbil.E é que no momento en que sufrimos unha agresión calquera obxecto que teñamos á man pode axudarnos, o importante é saber como usalo e como reaccionar ante un ataque, pautas que se ensinan neste obradoiro.

    {flowplayer}barbanza/tallerdefensaribeira.flv{/flowplayer}

    Testemuñas de maltrato

    As xornada desenvólvense no conservatorio municipal de Ribeira. As mulleres recibiron unha sesión teórica sobre as agresións e o sistema de defensa e posteriormente practicaron diversas técnicas para protexerse no caso de ser agredidas no chan ou defensa en pé. Ademais das técnicas defensivas, as participantes tiveron ocasión de escoitar a testemuña dunha compañeira vítima do maltrato que, a nivel psicolóxico, tamén constitúe un estimulante para afondar na autodefensa persoal.

    Antes de chegar a Ribeira, este curso xa se ten desenvolvido en diversos concellos galegos con grande éxito de participación e de resultados posto que contribúe a achegar as artes marciasi á sociedade cunha filosofía e utilidade totalmente distintas ás que habitualmente se lles presupoñen.

    Redacción Barbanza