Ducias de embarcacións de rafting descenden o Ulla en protesta contra Altri

BARBANZA> Ducias de embarcacións participaron este domingo nun descenso reivindicativo polo río Ulla en contra da macrocelulosa de Altri e a Mina de Touro. Con este novo acto de protesta, a sociedade galega volve poñer de manifesto a súa oposición a ámbolos dous proxectos.

O último treito do río Ulla foi escenario dunha nova mobilización contra Altri e a Mina de Touro. Ducias de embarcacións de rafting realizaron o descenso dende a ponte de Sinde ata o Campo da Insua en Padrón.

Alí, moi preto de desembocadura da ría de Arousa miles de persoas sumáronse á concentración coa lectura dun manifesto esixindo á Xunta que non autorice ningún dos dous proxectos industriais pola súa grave afectación ós ecosistemas e á calidade das augas.

Esta mobilización volve evidenciar a falla de respaldo social con que contan os dous proxectos trala multitudinaria manifestación celebrada na Pobra o pasado 22 de marzo. A vindeira cita terá lugar este xoves 8 de maio cunha protesta diante do Congreso dos Deputados mentres que o 1 de xuño está convocada outra gran manifestación en Pontevedra.