O Tribunal Supremo admite a trámite o recurso contra a anulación do PXOM

    anulacionpxomboiro_100_13052009.jpgBOIRO> A resolución vén a evidenciar que o actual planeamento boirés segue en vigor ata que o Tribunal Supremo non dite unha sentenza definitiva.

    {flowplayer}barbanza/anulacionpxomboiro.flv{/flowplayer}

    Fontes municipais informaban esta mañá de que a sección primeira da sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo resolvera admitir a trámite o recurso de casación interposto polo propio concello boirés contra unha sentenza da sección segunda da sala do contenciso administrativo do TSXG que acordaba a anulación do PXOM. A dita resolución emana dun contencioso presentado por un particular contra o acordo plenario no que se aprobara definitivamente o novo planeamento boirés, datado en maio de 2003. A nova como non podía ser doutro xeito foi acollida con gran satisfacción polos membros do executivo, xa que implica que o actual PXOM sigue plenamente en vigor ata que o Tribunal Supremo non dite unha sentenza definitiva.

    Revisión PXOM

    A intención do executivo boirés pasa por seguir traballando na revisión deste planeamento, que actualmente xa está a realiza-la empresa Consultora Galega, tratando de acadar un PXOM participativo e consensuado, acorde coa lexislación actual.

    Redacción Barbanza