Ribeira homenaxeará ás cociñeiras polo Día da Muller

RIBEIRA> O concello de Ribeira dedicará o Día da Muller ás cociñeiras. Ademais da homenaxe institucional a este colectivo, o programa inclúe unha ópera  e unha exposición para conmemorar o 8M.

Cada ano, o concello de Ribeira homenaxea a un colectivo de mulleres co gallo da celebración do 8M. Desta serán as cociñeiras as protagonistas do acto institucional que se celebrará o vindeiro mércores ás seis da tarde no salón de plenos e contará coa asistencia da recoñecida chef Lucía Freitas.

A día de hoxe xa hai confirmadas preto de medio cento de asistentes. A concelleira matizou que se , por algunha razón, algunha profesional da cociña non fose contactada, pode dirixise ó centro de información á muller para cursar a súa invitación.

Trala homenaxe terá lugar a representación da ópera Papagena, unha adaptación de Iago Hermo en clave de igualdade. Será ás oito e media no auditorio, con entrada libre ata encher aforo.

O programa complétase coa exposición ‘Nós Somos Elas’ que permanecerá no museo de Artes do Gravado entre o 22 de marzo e o 12 de abril, froito dunha colaboración coa Deputación da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí