Detido un rianxeiro coma presunto autor dun delito de tráfico de drogas

RIANXO> A Garda Civil detivo a un veciño de Rianxo, coma presunto autor dun delito contra a saúde pública. Foi no marco dun operativo realizado polos axentes do Instituto Armado contra o tráfico minorista e o consumo de drogas entre a mocidade.

A investigación iniciouse a principios de abril, tralas sospeitas da existencia dun punto de venda e consumo de substancias estupefacientes nas proximidades do auditorio municipal.

Nun primeiro momento os axentes fixéronse cun total de 42 doses de polen de haxix, pero nun posterior rexistro realizado no propio domicilio do prendido, atoparon outras 283 doses, preparadas xa para a súa distribución.

Tamén lle foron retirados varios útiles empregados para o pesado, corte e manipulación da droga e uns 790 euros en metálico.

O detido xa pasou a disposición xudicial no Xulgado de Garda de Padrón, que decretou a a adopción de medidas cautelares

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí