Luces, música e animación de rúa inaugurarán o Nadal en Boiro o próximo 5 de decembro

BOIRO> Boiro inaugurará o seu Nadal o próximo 5 de decembro. O acto de acendido do alumeado incluirá un espectáculo itinerante de animación de rúa e varias actuacións musicais.  Os convidados especiais deste ano serán os nenos da Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia.

O concello de Boiro programou o acendido das luces de Nadal para o vindeiro martes día 5. Apostaron por un día laborable, véspera de festivo, para animar tamén as vendas no comercio local nunha xornada na que agardan gran afluencia de xente. O acendido terá lugar ás sete pero as actividades de animación comezarán xa unha hora antes.

O día 5 abrirá tamén o prazo para a preinscrición dos campamentos de Nadal que un ano máis volve poñer en marcha o concello para facilitar a conciliación das familias.

Desenvolverase na casa da cultura e na carpa de Nadal cun límite de 50 participantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí