‘Pan, Traballo e Teito’ é o que berrará a praza do Obradoiro o 29N

    RIBEIRA> Diversas asociacións barbanzás súmanse ás marchas da dignidade. Esta vez a mobilización terá lugar no Obradoiro en Santiago de Compostela ás doce da mañá, onde se esixirá ‘Pan, Traballo e Teito’.

    O vindeiro 29 de novembro diversas asociacións e cidadáns ocuparán ás rúas reivinciando un cambio. Ademais de encher a praza do Obradoiro, tamén haberá concentracións en todas as capitais de provincia. Dende as asociacións fan un chamamento á participación nesta movilización por ‘unha sociedade de homes e mulleres libres e contra un goberno que non representa’. Diversas son as asociacións barbanzás que apoian o manifesto do vindeiro 29 de novembro; destacando entre elas Stop Desafiuzamentos Barbanza, Esquerda Unida do Barbanza, ANOVA e a Comisión pola recuperación da Memoria Histórica do Barbanza. A concentración tamén contará con servizo de autobuses para que se poida achegar xente de calquera provincia. Haberá servizo dende Ribeira ás nove e media da mañá, dende a Pobra ás dez menos cuarto, dende Boiro as 10 e dende Rianxo ás dez e cuarto. Os autobuses pararán en Ribeira e na Pobra na estación de Autobuses mentres que en Boiro e Rianxo farano diante do Concello. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/26/marchaspoladignidadebarbanza2611141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/26/marchaspoladignidadebarbanza261114.mp4{/flowplayer}