O Portonovo golea ó Gran Peña na despedida de ambos

portonovo250_180509.jpgSANXENXO> Os de Marcos Canle venceron na súa despedida a outro equipo que será de Preferente o vindeiro ano, o Gran Peña, por 4-2. O Arousa rematou a temporada perdendo en San Lázaro por 3-0.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_180509.flv{/flowplayer} 

O único que estaba en xogo era evitar ser últimos da clasificación ou deixarlle esa dubidosa honra ó Arousa. Finalmente as gañas dos locais de brindarlle unha victoria á súa afección puido máis que un Gran Peña que tivo o dominio na primeira metade.

A intensidade e ambición, como era de prever, brilaron pola súa ausencia. Aínda que foron os portOnoveses os primeiros en avisar, o gol chegaría ós 10 minutos na outra área. Claudio rematou competamente só dende o punto de penalti. O

 partido entrou nunha dinámica de imprecisións e erros que facía calquera cousa posible. Nunha desas xogadas fortuitas, Nacho servíu de tacón para que Turu cabecease ante a saída de Gus. Pouco lle duraría a ledicia ó Portonovo, porque dous minutos despois, un desaxuste defensivo permitía a Del Barrio plantarse só diante de Moisés e facer o 1-2. Tiveron o terceiro os vigueses antes do descanso, pero Claudio non soubo decidir.

Canle debeu espolear ós seus nos vestiarios porque na segunda metade o dominio foi sempre dos locais. Así, Turu repetía ós 54′ e asinaba o seu dobrete. D

e ahí en diante o único que mereceu o gol foi o Portonovo que tivo oportunidades dabondo como para batir a Gus en máis dunha ocasión. Non o farían ata o treito final. No 86′, Nacho, cun disparo lonxano que petou antes de entrar nas pernas dun defensor. Dous minutos despois Pablo facía o derradeiro tanto do Portonovo na Terceira.

Ábreselle unha nova etapa ó conxunto de Baltar. O ano que ven pretende ser ó da volta á Terceira. Antes haberá que redeseñar un proxecto a nivel deportivo. A maioría dos xogadores non seguirán e é bastante probable que tampouco o faga o técnico Marcos Canle.  

DERROTA DO AROUSA 

O Arousa caeu ante o campión en San Lázaro por 3-0 nun partido no que quedaron reflexadas sobre o céspede as diferencias entre ambos equipos. Os vilagarciáns intentárono durante boa parte do encontro, pero non estiveron acertados no remate, algo do que os santiagueses sí presumiron. Vladimir por dúas veces e Álex Blanco, fixeron os goles.

Redacción Salnés