O Padroado de Fexdega resolve en contra do concello

basketcup250_150310.jpgVILAGARCÍA> O concello perdeu a votación da exención do pago polo uso de Fexdega. O Padroado decidíu sen embargo, buscar novas fórmulas de financiación, polo que a Vilagarcía Basket Cup seguirá en A Maroma.

O Padroado de Fexdega, reunido na tarde de onte, resolveu que a Fundación de Deportes de Vilagarcía non estará exenta do pago das tasas por celebrar nas súas instalacións a Vilagarcía Basket Cup .

Esta decisión resolveuse cos votos en contra dos representantes do Concello, Rosa Abuin, José Membrives e Juan Fajardo. Votáron a favor por parte da Consellería de Economía e Industria a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro e Jesús Sáenz Díez; por parte da Cámara de Comercio, Carlos Oubiña Portas, Ramón Barros, e Miguel Falcón Noya; e por Caixanova, Antonio Gómez Rivera.

O padroado de Fexdega decidiu seguir buscando novas fórmulas para xestionar o custe do evento que está fixado en torno ós 30.000 euros. Dende a Consellería de Economía e Industria habilitarán unha partida extra de 15.000 €, que cubrirá o apgo trala reducción á metade do orzamento inicial. 

Polo tanto, o evento volverá a Fexdega.

Redacción Salnés