O Trofeo Cidade de Pontevedra será o único partido de pretemporada en Pasarón

PONTEVEDRA> Este sábado Pontevedra e Real Valladolid disputarán en Pasarón o Trofeo Cidade de Pontevedra. Este encontro podería ser o único que o equipo granate xogue en casa, debido ás tarefas de mantemento do céspede que se están a realizar. Tamén será o segundo partido do conxunto de Luisito, despois de estrearse hoxe en Redondela ante o Choco.

 

Este sábado Pasarón acollerá a trixésimo novena edición do Trofeo Cidade de Pontevedra. O conxunto granate competirá contra o Real Valladolid por este título no seu segundo partido de pretempada. 

Este podería ser o único partido que os granates xoguen en casa na pretemporada. O céspede rematou os play-off en mal estado, o que obrigou a volver a sementar.

Tanto o play-off como as tarefas de mantemento do céspede deixan no aire o Trofeo Luis Otero. A prolongación do calendario do Pontevedra fixo que a estas alturas tanto Deportivo como Celta de Vigo xa teñan pechada a súa pretemporada e non poidan vir xogar contra os granates. Agora están pendentes da resposta do Club Deportivo Lugo.

Para Cidade de Pontevedra, o prezo das entradas será 16 euros en Tribuna, 12 en Preferencia e 8 nos fondos. Os xuvenís pagan 5 euros, mentres que os infantís, 3.

Ademais, Murillo expresou a súa satisfacción polo bo avance da campaña de socios. Dos carnés retirados, o 27% corresponden a novos aboados. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/29/trofeo_cidade_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/29/trofeo_cidade_pontevedra.mp4{/flowplayer}