O proxecto Luz Salgada recuperará para os peóns o entorno do río do Con

    luz_salgada_100.jpgVILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía ven de presentar o proxecto Luz Salgada que elaborou a arquitecta Isabel Aguirre Urcola, e que está…

    {flowplayer}images/salnes/190509_ordenacion_rio_con.flv{/flowplayer}

    … pendente de ser consensuado cos demais grupos políticos. Esta proposta suporá unha reordenación do entorno do Río do Con, creando un espazo peonil libre de tráfico de paso e salpicado de zonas verdes. Aproveitando a creación das novas estradas de circunvalación á Vilagarcía, esta arquitecta intentará desviar o tráfico de paso á periferia, recuperando así o entorno do Río que enmarca o casco histórico para os peóns.

    Esta reordenación vaise a executar en varias fases; a primeira delas centrada na peonización das rúas do casco urbán, no acondicionamento das rúas xa peonizadas e a mellora da Praza de España. Na segunda fase darase prioridade á remodelación e peonización do parque da Xunqueira, e a terceira centrarase na peonización do entorno do mercado, e na creación dun aparcadoiro soterrado e unha área verde entre Valle Inclán e o río do Con. A cuarta e última fase centrarase na Avenida Rodrigo de Mendoza e na zona de Fexdega.

    Deste xeito, tódalas pontes situadas entre a Avenida Rodrigo de Mendoza e o porto, salvo a rúa Doutor Tourón serán peonís; quedando esta última como vial de saída e sendo os dous extremos de entrada.

    Este proxecto prevé unha inversión de case 13 millóns de euros, no cal o consistorio intentará combinar as achegas públicas cas privadas; de xeito que as empresas adxudicatarias dos dous novos aparcadoiros soterrados, o de Fexdega e o da Praza de Abastos, sufraguen os custos dos mesmos e axuden a financiar outras actuacións como a das zonas verdes lindeiras.

    Redacción Salnés