VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía dá plantón á Xunta no inicio das obras de mellora da seguridade viaria no cruce de San Cibrán, en Sobradelo. Hoxe, coincidinco co arranque dos traballos, o delegado da Xunta en Pontevedra visitou a zona, acompañado só por representantes do PP local. A actuación contempla a instalación dun paso de peóns regulado por semáforos.
Esta mañá comezaron as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-549, en Vilaxoán, no cruce entre a Avenida de Cambados e a Rúa San Cibrán. Alí vaise instalar un paso de peóns regulado por semáforos.
O delegado da Xunta en Pontevedra estivo hoxe no inicio dos traballos. Unha visita institucional que vén evidencia-los desencontros entre o goberno galego e o Concello de Vilagarcía. Malia seren convidados, ninguén do goberno local acudiu ao acto.
E lamenta que o Concello non actuase con ‘dilixencia’ á hora de impulsar este proxecto. Unha execución que comeza, di, con retrso por mor dunha autorización.
Polémicas á marxe, o delegado da Xunta aproveitou para felicitar ós veciños da zona pola súa reivindicación que agora se vai traducir nunha mellora da seguridade desta intersección.