![]()
VILAGARCÍA> A Conselleira do Mar presidiu este mediodía a Comisión do Mexillón. O órgano convocouse para avaliar un plan de modernización das bateas, que permita aos produtores seguir beneficiándose dos fondo estruturais da pesca da Unión Europea. E é que dende Bruxelas rexeitaron seguir financiando os modelos actuais.
As bateas que queiran recibir axudas da Unión Europea para renovarse terán que axustarse a un novo modelo de estrutura. Esta opción é a que este mediodía valoraron a Consellería do Mar e a Comisión do Mexillón.
Nesta modernización non se quere perder de vista a realidade do sector. Por iso, o borrador presentado hoxe contempla o respecto ás rías, á calidade das augas e ós elementos tradicionais que se empregaron sempre para a construción das bateas. Tamén busca ampliar a superficie máxima de cultivo das actuais bateas, mantendo o número de cordas de cultivo máximo e a súa lonxitude máxima.
A Xunta destinará a este plan 30 millóns de euros, que permitirían que ao redor de dúas mil bateas se acolleran a el.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/20/conselleira_mexillon_intecmar_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/20/conselleira_mexillon_intecmar.mp4{/flowplayer}








