A Copa do Futuro chega a Ribadumia esta fin de semana

futuro250_200509.jpgRIBADUMIA> Ribadumia recibirá esta fin de semana e por segundo ano consecutivo a Copa do Futuro-Deputación de Pontevedra. Unha competición para categoría prebenxamín e na que concurrirán nesta fase previa 16 equipos da comarca do Salnés.

A Copa do Futuro fará a súa cuarta parada esta fin de semana en Ribadumia. Sete municipios da provincia acollen as fases previa durante os meses maio e xuño. Cada unha delas dá dous billetes para a fase final de Pontevedra dos días 20 e 21 do vindeiro mes.

O Campo da Bouza en Barrantes será o escenario desta competición na que se darán cita 16 equipos. Máis alá do competitivo o obxectivo desta Copa organizada pola Deputación de Pontevedra é educativo e formativo. Por iso, pese a disputarse en campos de dimensións de futbol-7,  xogarase con nove. Os planteis estarán formados por catorce nenos e os adestradores teñen a obriga de alinear a todos eles canda menos dez minutos en cada partido.

Os equipos estarán divididos en catro grupos: no amarelo: Barro, Unión Grove A, Meaño e Atlético Cuntis; no verde: Cambados, Pontearnelas A, Portonovo e Vilanova; no azul: Umia, Unión B, Vilagarcía e Céltiga; e no vermello: Pontearnelas B, Unión Dena, Arosa e Ribadumia.

A organización colocará tamén unha zona de ocio para o divertimento de rapaces e familiares con hinchables, videoconsolas e futbolíns humanos e convencionais entre outros.

A competición dará comezo o sábado ás 10:00. Nesta xornada xogarase todo o día, ata as 20:00 e o domingo ó mediodía disputarase a final, contra as 13:15.

Redacción Salnés