O Princesa de Asturias do Deporte volve a Pontevedra

Pontevedra> O recén galardoado co premio Princesa de Asturias ao deporte, Javier Gómez Noya, tivo hoxe unha homenaxe moi especial na cidade do Lérez. Foron os máis pequenos de Pontevedra os que tiveron a oportunidade de coñecer a historia deste gran triatleta. Nun acto organizado por Caser Seguros no Pazo de Cultura e onde os estudantes tamén puideron realizar as súas preguntas a Gómez Noya. 

 

Emocionados e expectantes así estaban esta mañá estes pequenos da cidade de Pontevedra que tiveron a oportunidade de coñecer en persoa ao recén galardoado co Premio Princesa de Asturias Javier Gómez Noya. Nun acto organizado por Caser Seguros que forma parte da súa campaña Corazón de campeones e no que tamén estivo presente o alcalde de Pontevedra. 

Gómez Noya quixo agradecer este tipo de acto onde dixo que se enfronta ao público máis difícil e ademais tamén dixo que non é doado chegar ao nivel ao que está el na actualidade que iso e froito de moita loita e de moito adestramento. 

TOTAL NOYA Unha cita onde os pequenos puideron realizar as súas preguntas ao triatleta e tiveron esta oportunidade de exercer de xornalistas por un día. Sen dúbida para todos eles Gómez Noya é un exemplo a seguir, un triatleta que leva colleitando decenas de títulos na súa carreira e que pese aos obstáculos, que se puido atopar, como a súa baixa en Río 2016, sempre continúa loitando por acadar a mellor posición. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/25/gomez_noya_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/25/gomez_noya.mp4{/flowplayer}