O Cortegada perde en Ferrol e complícase o seu pase á fase final

SALNÉS> O Cortegada disputou onte a segunda xornada da Copa Galicia. Non lle foron ben as cousas ás de Pepe Vázquez que caeron na pista do Universitario de Ferrol por sete puntos de diferencia (70-63). Precisan vencer o sábado ó Arxil para ter opcións de clasificarse.

Complícase a clasificación do Thetrend Cortegada para a fase final da Copa Galicia logo de caer onte na pista do Universitario de Ferrol por 70-63. 

Un partido que foi a tiróns, con moitas alternancias no dominio e que finalmente decidíuse polos pequenos detalles, incluíndo unha actuación arbitral que favoreceu ó cadro local. As ferroláns saíron con forza e cun parcial de 12-2 poñían terra de por medio moi cedo. A reacción vilagarcián non se fixo esperar e foron quen de marcharse por diante antes do remate do primeiro cuarto, 17-19.

O segundo período e o arranque do terceiro foi o que lastrou ó Cortegada durante o resto do partido, un pacial en contra de 29-8 deixáballes 19 por debaixo a falta de quince minutos (46-27). Pero o equipo de Pepe Vázquez a base de defensa e empuxe foi quen de dárllela volta ó electrónico para colocarse xa nos intres finais con 61-62 no marcador. Ata ahí chegaron as forzas do Cortegada que entre o cansancio e as decisións arbitrais, que beneficiaron sempre ás locais, non puideron traerse a victoria a Vilagarcía.

Ylenia Manzanares, con 19 puntos, volveu a ser a mellor do seu equipo.

Na derradeira xornada da fase de grupos o Cortegada recibe en Fontecarmoa ó Arxil, será o sábado ás 19:30. As vilagarciáns teñen que gañar o partido se queren ser terceiras de grupo e optar aínda a disputar a fase final, que pasaría por vencer nunha repesca ó segundo clasificado do outro grupo.

Redacción Salnés